Un ano máis por estas datas lembrámonos dunha das festas tradicionais dos pobos celtas que habitaron Galicia nos tempos pasados: A Celebracion do Samain.
Sabedes que a festa do Samain é máis antiga que a de Halloween, aínda que as dúas teñen algo en común: O TERROR !!!!!!
Na escola facemos unha exposición de calabazas que representan a monstros terroríficos !!!!!!!!!!! e co medo que meten xa caemos de cu no chan. Disfrazámonos de bruxas, vampiros e doutros seres malvados. Tamen facemos carautas e debuxos de terror para adornar a escola e espantar aos malos espíritus.
Cancións do Samain:
Brinca vai!! No Samaín
Canción de Los Esqueletos
Canción O Samaín,tumba, tumba.
Conto: Corre, corre cabaciña.
Os nosos debuxos, as nosas cabazas e os nosos disfraces:
Samain: CURSO 2017-18
Con Paula, mestra de inglés.
Samain: CURSO 2013-14
O MAGOSTO
Tódolos anos facemos no cole a tradicional festa do magosto. Comemos castañas asadas e cocidas e tamén traemos da casa outras lambonadas típicas do outono que nos preparan as mamás.
MAGOSTO 2017
Este curso fixemos unha degustación con froitos típicos do outono: castañas asadas, cocidas, caquis, mazás, kiwis, noces, uvas, flocos de millo, etc..
Rap do magosto
Nnon chas quero, non chas quero
Tres castañas polo chan
Migallas: Pan de millo
MAGOSTO 2015
Actividades do outono para Educación Infantil
Este ano, aparte de comer durante toda a semana nos recreos diversos productos do outono (castañas confitadas, asadas e cocidas, noces, mandarinas, mazás, etc.) tamén fixemos un taller de maquillaxe maquillándonos uns aos outros.
Refráns e ditos populares do outono. Pinchar aquí.
Recursos educativos do outono e do magosto. Pinchar aquí.
Receitas con castañas. Pinchar aquí.
Este ano aprendemos unha canción do magosto, cantámola con instrumentos e fixemos un vídeo.
Un día fomos de paseo polo monte e collemos landras, castañas, cocos de carballo e de eucalipto e tamén vimos setas e cogomelos pero moito ollo!!!!!!!, algunhas setas son velenosas e como non as coñecemos ben, no lle tocamos a ningunha, ¡¡¡por se acaso!!!.
Fixemos colares como facían os primitivos: con castañas, cocos de carballo, landras e outras cousas que trouxemos do monte.
COUSAS DO OUTONO
Representación do outono pintado na parede da entrada
Facemos murais e exposicións con productos típicos do outono: castañas, landras, noces, kiwis, mazás, espigas, uvas, cabazas, etc.



Ningún comentario:
Publicar un comentario