EXCURSIÓNS

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO

Durante todos estes anos leváronse a cabo excursións de fin de curso a distintos lugares da xeografía galega e tamén a Portugal. Mentres que a escola de Cures non pechou (ata o ano 2001), as excursións fixéronse de forma conxunta cos alumnos e pais de alumnos das dúas escolas.


        Viaxes realizadas dende o curso 1990-91.
  1. Curso 1990-91: excursión a Vigo conxuntamente coa escola de Cures.
  2. Curso 1991-92: excursión a Vigo, praia de Samil, Baiona e Santa Tegra. 
  3. Curso 1992-93: excursión á catedral de Santiago, Monte do Gozo, TVGA,...
  4. Curso 1993-94: excursión a Santiago: museo do Pobo Galego,  aeroporto, Pico Sacro e Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.
  5. Curso 1994-95: excursión á Semana Verde de Silleda, ...
  6. Curso 1995-96: excursión ao Acuario de O Grove, A Toxa, Cambados, Vilagarcía,....
  7. Curso 1996-97: excursión á Coruña aos lugares de costume, ... 
  8. Curso 1997-98: excursión á fábrica dos donus en Santiago, Betanzos (Parque do Pasatempo), visita a un Castelo Medieval, camping de Bastiagueiro...
  9. Curso 1998-99: excursión a Vigo: Pluton Park, zoo e área recreativa de Samil.
  10. Curso 1999-00: excursión á Coruña: Casa das Ciencias+Planetario, comida campestre no Parque de Santa Margarita, Acuario Finisterre, Castelo de San Antón e merenda campestre na carballeira de Deixebre (Oroso).
  11. Curso 2000-01: excursión á fábrica de COCA COLA de A Coruña, comida no parque de Santa Margarita e viaxe en tren dende A Coruña a Cerceda onde pasamos a tarde no Parque Acuático.
  12. Curso 2001-02: excursión a Vigo: zoo, viaxe en barco Vigo-Cangas-Vigo, Baiona e subida ao monte de Santa Tegra na Garda.
  13. Curso 2002-03: excursión a Portugal: visita e comida campestre no santuario do Bon Xesús, entrada ao Parque de Atracións Bracalandia e merenda campestre na área recreativa de Valença do Minho xunto ao río Miño.
  14. Curso 2003-04: excursión a Vigo, subida ao Monte da Guía, viaxe en barco ás Illas Cíes, ...
  15. Curso 2004-05: excursión á Casa museo de Rosalía de Castro, viaxe en tren dende Padrón a Santiago, comida na illa do río Tambre en Sigüeiro e pola tarde fomos ao Parque acuático de Cerceda.
  16. Curso 2005-06: excursión a Portugal: Viana do Castelo, comida en Barcelos e entrada ao parque de Atraccións de Bracalandia na cidade de Braga. 
  17. Curso 2006-07: excursión á cidade de A Coruña: Casa das Ciencias+Planetario, Domus, Acuario Finisterre, visita ao Castelo de San Antón, viaxe en tranvía polo paseo marítimo e Torre de Hércules.
  18. Curso 2007-08: excursión a Vigo: zoo, Samil, Museo do Mar, viaxe en Barco dende Vigo ata Moaña.
  19. Curso 2008-09: excursión a Vigo: área recreativa de Samil, Verbum (Casa das Palabras) e Castelo de Soutomaior.
  20. Curso 2009-10: excursión ao Pico Sacro, Pazo de Oca, comida en Lamela, Feira de Silleda, Mosteiro de Carboeiro e merenda campestre na área recreativa de Merza.
  21. Curso 2010-11: excursión ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes, actividades na Casa do Queixo de Grixalba onde comemos, visita guiada ao zoo de Marcelle e merenda na área de descanso de Guitiriz.
  22. Curso 2011-12: excursión ao Acuario de O Grove, fábrica de salazón, comida no restaurante Viana, viaxe en tren turístico á Illa de A Toxa e viaxe en barco pola ría de Arousa con visita ás bateas e degustación de mexilóns no barco.
  23. Curso 2012-13. Excursión á Coruña: Casa das Ciencias+Planetario, comida en Marineda City, visita ao Acuario Finisterre, Casa do Home (Domus) e merenda na área da Torre de Hércules. A excursión deste curso foi organizada polos pais, e esperemos que tamén se organice nos vindeiros cursos, tendo en conta que o verdadeiro obxectivo destas excursións siga sendo o de gozar dunha xornada de lecer e de convivencia entre tódolos membros desta comunidade educativa, procurando que ninguén se poida sentir aillado.
  24. Curso 2013-14. Excursión a Vigo - Baiona - Santa Tegra. Saímos de Comoxo ás nove da mañá cun forte temporal de choiva e vento pensando que o tempo non cambiaría en todo o día pero finalmente non nos mollamos e pola tarde xa deixou de chover (Creo que alguén lle rezou a Santa Tecla...). Visitamos o zoo de Vigo, subimos a monte do Castro, xantamos nun restaurante na área recreativa de Samil e pola tarde viaxamos a Baiona onde visitamos a carabela "A Pinta" que chegou a Baiona cargada de productos das américas, fomos ata o monte da Virxe da Rocha pero non poidemos subir a cima da estatua porque estaba en obras. Logo seguimos  "rumbo Sur" todo pola costa ata chegar ao Monte de Santa Tegra, pasamos polo poboado castrexo, visitamos o museo, a capela de Santa Tecla, tomamos uns xelados, merendamos nuha área recreativa que hai cerca do fondo e voltamos para Comoxo. GALERÍA DE FOTOS DESTA EXCURSIÓN
  25.  Curso 2014-15. A Barosa + Illa das Esculturas en Pontevedra + viaxe en tren. Un ano máis saímos de Comoxo cun tempo que ameazaba choiva cara o entorno paradisíaco de A Barosa (Concello de Barro). Alí ensináronnos o funcionamento dos muíños, a súa historia, fixemos un obradoiro de pan e despois de xantar fomos á Illa das Esculturas ao lado do río Lerez en Pontevedra. Na illa tivemos que buscar, "case con lupa" as distintas esculturas e como premio fomos ao parque que hai ao lado. Por último dirixímonos á estación de Renfe en Pontevedra para facer unha viaxe en tren ata Vilagarcía de Arousa. GALERÍA DE FOTOS DESTA EXCURSIÓN.
  26.  Curso 2015-16. Casa do Patrón (Lalín) +  Semana Verde de Galicia (Silleda). Este curso, pola mañá, fomos á Casa do Patrón no Concello de Lalín onde os nenos participamos nun taller de barro e despois visitamos as moitas salas do museo etnográfico (cociña tradicional, a taberna, os cuartos dunha casa antiga, os distintos oficios, a escola, o proceso do liño e outras moitas cousas). Despois de comer fomos cos nosos pais á feira de Silleda onde tamén vimos moitísimas cousas: os réptiles, carreiras de cans, cabalos, distintas clases de vacas, as galiñas de Mos, circuito de karts, maquinaria, etc. GALERÍA DE FOTOS DESTA EXCURSIÓN.
  27. Curso 2016-17. Excursión a O Grove: acuario, museos, Illa da Toxa e viaxe en barco. Saímos de Comoxo con rumbo a Punta Moreiras no Grove, onde está o acuario, o museo da Salga e o museo da Pesca, No museo da Salga vimos varios depósitos de pedra que enchían de pescado e sal. No edificio que alberga o museo da pesca poidemos observar as artes de pesca e outros moitos obxectos relacionados coa tradición mariñeira dos nosos pobos costeiros. Para ter máis información e bonitas imaxes destes museos picade Aquí. No Acuario poidemos ver dende peixes de tamaño grande coma o "tiburón toro" ata outros máis pequenos coma o cabaliño de mar. Para máis información do acuario picade aquí. Na Illa da Toxa como facía tanta calor, preferimos estar a sombra tomando algo fresco e mercar colares de cunchas e outras chilindradas. A comida foi no Restaurante Viana. Ás seis da tarde embarcamos no catamarán Pelgrín para dar un paseo pola ría. Paramos xunto a unha batea onde nos ensinaron cordas con mexillóns, vieiras e ostras e podemos observar tamén os fondos mariños. De volta degustación de mexillóns ao vapor, bebidas e música portuguesa, xa que coincidimos no barco cun grupo de irmáns portugueses. GALERÍA DE FOTOS DESTA EXCURSIÓN.


  Vídeo muíño da Barosa. (Está un pouco desequilibrado).

VISITA AO CEIP PRAIA XARDÍN. MAIO 2015 


VISITA AO CEIP PRAIA XARDÍN. MAIO 2013 

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS: Con motivo da celebración do día das "Letras Galegas" asistimos un ano máis á romaría popular que organiza o Praia Xardín, colexio que será o receptor dos alumnos que cambian de centro en 3º de primaria. Alí observamos como traballan os oleiros facendo cousas de barro, como se fan os sombreiros de palla, estivemos co Sr. Xosé Piñeiro de Comoxo que nos ensinou a facer nós mariñeiros, xogamos a tirar botes e a profe Teresa deixounos coller un regalo a cada un, pasamos polos postos do pan, dos flocos de millo, dos friames, doces, froitas, etc. Tamén nos invitaron a chocolate con churros.





VISITA AO MUSEO ETNOGRÁFICO DE COMOXO. CURSO 2012-13

No mes de abril (curso 2012-13) visitamos o museo etnográfico de Comoxo, invitados por membros da Asociación de montes, que xunto con Amicos, O Faiado e outras entidades son os artífices da recente construcción deste museo etnográfico situado na aldea de Comoxo, moi pretiño da escola unitaria. Nel pretenden levar a cabo exposicións, proxecións, reunións, e outros actos.
O que nós vimos no museo foi unha exposición de cousas relacionadas co mar: artes de pesca, maquetas de barcos, fósiles, corais, cunchas, lámpadas de gas e carburo, traxes de mergullar, etc.
Tamén vimos ferramentas de carpintería, unha sachadora de sachar o millo, un arado de bois, e outros obxectos ou máquinas antigas.
Na sala de proxección vimos os muíños de auga e outros restos de interese que hai nas distintas parroquias do Concello de Boiro.

A continuación mostramos algunhas imaxes da visita:










EXCURSIÓN FIN DE CURSO(2012-13) Á CORUÑA

Algunhas imaxes da cidade de A Coruña













Museo do Home (Domus)








Acuario Finisterre























 Casa das Ciencias

















EXCURSIÓNS FIN DE CURSO A PORTUGAL


Nas excursións de fin de curso que fixemos ao veciño Portugal visitamos entre outros os seguintes lugares : Valença do MiñoVila Nova da CerveiraViana do CasteloBarceloso Santuario do Bom Xesús e o obxectivo principal das excursións, ir o PARQUE DE ATRACCIÓNS DE BRACALANCIA, no que pasamos xornadas inesquecibles nenos e maiores ¡Lástima que o parque tivera que cerrar! (Agora está bastante máis lonxe para visitalo).


Aí van algunhas imaxes destas excursións a Portugal:



























Ningún comentario:

Publicar un comentario