DÍA DO PAI + DÍA DA NAI

Cando se aproximan estas datas tan sinaladas, levamos a cabo diversas actividades para resaltar a importancia que teñen os pais na nosa vida. Lembrámonos de todas aquelas cousas que os pais fan polos seus fillos e do que podemos facer para que eles se sintan contentos e orgullosos de nós. Facemos debuxos, cartas, redaccións e tamén preparamos algún agasallo para demostralle o noso cariño. 


1 DE MAIO 2016. DÍA DA NAI

Decoramos vasos e fixemos flores con palabras agarimosas.


19 DE MARZO 2016. DÍA DO PAI

Para variar un pouco, este curso fixemos un porta retratos con cortiza, fíos e chinchetas de cores.


20 DE MARZO 2015. DÍA DO PAI

Este ano tamén pintamos figuras de escaiola que nos sobraron do curso pasado e fixemos debuxos para lembrarlle unha vez máis máis o noso cariño e agradecemento.


3 DE MAIO 2015. DÍA DA NAI

Para as mamás fixemos un marco porta fotos co noso retrato. Nun marco de cartón pegamos macarróns, arroz e purpurina. 



4 DE MAIO DE  2014.  DÍA DA NAI.

Para que as mamás non se enfadaran tamén lles pintamos flores de escaiola.








19 DE MARZO 2014. DÍA DO PAI 

Este ano mercamos un saco de escaiola e modes de plástico para facer figuras que logo pintaremos. Os nenos maiores xunto co profe amasamos a escaiola e botámola nos moldes e esperamos que estea seca para quitar as figuras do molde.. Preparamos figuras suficientes para que cheguen para todos.




Agora un pouco de pintura, barniz e xa temos feito o regaliño para papá.




Tamén fixemos e pintamos debuxos. Para velos picade aquí.


DÍA DA NAI 2013


DÍA DO PAI 2013



Ningún comentario:

Publicar un comentario