CURSO 2014-15
Este curso, desprazáronse á nosa escola dúas chicas da ASOCIACIÓN "ACADAR" (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) para impartir un
Obradoiro sobre a prevención da violencia de xénero.
Para informarse das actividades que levan a cabo en ACADAR, piquen no seguinte enlace: Obradoiro sobre a prevención da violencia de xénero.
http://www.acadar.org/index.php
RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS
Esta escola participa na recollida de tapóns solidarios. Na entrada do centro hai un saco onde poden botar os tapóns de botellas de plástico que todos temos nas casas. O esforzo é mínimo e facémolo por unha boa causa. Primeiro foi a nena Paula e agora son outros nenos que tamén precisan da nosa colaboración.
Para saber que tipo de tapóns se recollen visiten as seguintes páxinas:
- http://taponesparapablo.blogspot.com.es/2012/12/que-tapas-y-tapones-puedo-dar.html
- http://www.aepef.org/docu/tapones.pdf
RECOLLIDA DE PILAS
Tamén se recollen nesta escola toda clase de pilas usadas para evitar que contaminen o medio ambiente.
FUNDACIÓN MENIÑOS
A Fundación Meniños traballa coa infancia e a adolescencia. Nós participamos no programa de actividades que programa a fundación para os centros educativos que desexen participar.Para máis información visiten as seguintes paxinas web:

Ningún comentario:
Publicar un comentario