ASÍ ESTUDIAMOS OS ANIMAIS - PASEOS POLO MONTE


  • MOTIVACIÓN DOS ALUMNOS. Ao longo do curso, os alumnos e o profesor imos traendo á clase animais de distintas especies ou ímolos visitar no seu hábitat.
  • OBSERVACIÓN DIRECTA por parte de tódolos alumnos da clase.
  • ACTIVIDADES. Facer fotos, buscar en Internet animais da mesma especie, ver características, alimentación, facer e pintar debuxos, utilidade e aproveitamento dos animais, actividades do libro de texto, etc.

OS MOLUSCOS.

Os caracois de Miguel.
Miguel trouxo caracois nunha caixa de plástico con follas de leituga para que se alimentaran. Algúns comen plantas, outros son carnívoros e outros son omnívoros (comen de todo). Son moluscos gasterópodos provistos dunha cuncha espiral. Hai moitas variedades de caracois; algúns son mariños, outros son de auga doce e outros son terrestres que viven en zonas húmidas.











Para saber máis cousas dos caracois visitade os seguintes enlaces:

Los caracoles, animales normales.

Fauna. Caracoles y babosas terrestres




VÍDEO DE LA PUESTA DE HUEVOS DEL CARACOL


OS INSECTOS.
Na escola atopamos un escaravello. Fixémoslle fotos, miramos no microscopio algunhas das súas partes, pintamos debuxos de insectos parecidos que atopamos en Internet e aprendemos algunhas cousas dos insectos.







O verme que trouxo Manu.

Nesta ocasión Manu trouxo unha enorme eiruga (variedade de papilio troilus). Ninguén se atreveu a tocala polo seu enorme tamaño e tamén porque tiña un aguillón moi afiado na parte traseira.



METAMORFOSE DA EIRUGA
Ao longo do curso, os venres pola tarde cando o tempo o permite, imos de paseo polo monte que hai preto do noso centro escolar para observar a natureza nas diferentes estacións do ano e os cambios que se van producindo. Tamén aproveitamos para buscar recursos que logo estudiamos na clase: castañas, landras, cocos, follas, flores, pedriñas, sementes, etc. Tamén observamos o tempo que fai, os sons da natureza e o comportamento dos animais. Precisamente nun dos paseos que fixemos para recoller cocos de carballo para facer colares, atopamos unha eiruga comendo follas de carballo, collémola con moito tino, levámola para a clase e metémola nun cacharro de plástico para ir observando a súa transformación ata que se convirta nunha preciosa bolboreta. Vermes coma este son os que comen as coles e os repolos das nosas avoas.


 


No seguinte vídeo podemos ver como unha eiruga se transforma en bolboreta.




ANIMAIS MAMÍFEROS QUE TROUXEMOS OU VISITAMOS.

Os hamsters de Irene e Lavinia son mamíferos.
Irene e Lavinia trouxeron os seus hansters nunha gaiola. O que trouxo Lavinia tiña fillos pequeniños que a súa mamá tapaba con algodón e coidaba con moita tenrura. Pero ¡¡¡coidado!!! porque tamén hai hamsters que polo motivo que sexa poden comer as súas crías.  








    Vídeo de como se amamantan los hamsters



Os cabalos de Elisa.
Elisa é unha nena amante dos animais sobre todo dos cabalos. Un día que fomos de paseo polo monte atopámolos pacendo nunha leira.


O ourizo cacho (cacheiro).
Tivemos na escola un ourizo cacho, tamén chamado cacheiro. Os nenos trouxémoslle varios tipos de alimentos pero non quería comer nada ata que un día lle trouxemos caracois e papounos nun pispás. De tódolos xeitos un día que fomos ao monte aproveitamos para soltalo e deixalo no seu habitat. Por ser tan simpático e para lembrarnos del, a nosa revista escolar leva o nome de "O CACHEIRO".




O ratiño tamén é mamífero. 
Tamén tivemos un rato vivo que trouxo o profe. Estaba dentro dunha caixa de plástico transparente da que intentaba escapar pero non podía. Botámoslle comida pero non quixo comer nada  e un día apareu morto ¡de pena! Entre outras actividades, fixemos ratiños de barro e pintámolos.

 



OS RÉPTILES 

O escáncer de Manu

Manu Romero é un alumno deste colexio que sente unha grande paixón polos animais. Cando os nenos atopan algún bicho raro na clase ou no patio de recreo van a chamar por Manu que é o noso alumno especialista en animais. Nesta ocasión tróuxonos nunha caixa de plástico un escáncer que lle axudou a coller o seu avó. Así aproveitamos a ocasión para repasar as principais características dos réptiles.





O noso lagartiño.
Tivemos un lagartiño metido nun bote de cristal con buratos na tapa para que respirara. Finalmente soltámolo no patio da escola.



As tartarugas de Martín tamén son réptilis.
Martín trouxo á escolala dúas tartarugas e explicounos como comían, cantos anos tiñan, etc.




OS PEIXES

O peixe de Marina.


Os peixes de Martín.
Martín tamén trouxo peixes nunha peixeira de plástico transparente e tamén nos explicou o que comían e como había que coidalos.





AS AVES

A pomba de Andrea
Este ano Andrea trouxo unha pomba nunha gaiola, collémola na man porque era mansiña pero escapounos voando pola clase e tirou as cousas que había enriba dos armarios.


 





A pita de  Elisa.
Elisa trouxo para a escola unha pita e todos puidemos tocala e observala de cerca. Como estaba asustada fixo caca enriba da mesa.




PASEOS POLO MONTE DOS ARREDORES DA ESCOLA


Ao longo do curso, os venres pola tarde cando o tempo o permite, imos de paseo polo monte que hai preto do noso centro escolar para observar a natureza nas diferentes estacións do ano e os cambios que se van producindo. Tamén aproveitamos para buscar recursos que logo estudiamos na clase: castañas, landras, cocos, follas, flores, pedriñas, sementes, etc. Tamén observamos o tempo que fai, os sons da natureza e o comportamento dos animais. Precisamente nun dos paseos que fixemos para recoller cocos de carballo para facer colares, atopamos unha eiruga comendo follas de carballo, collémola con moito tino, levámola para a clase e metémola nun cacharro de plástico para ir observando a súa transformación ata que se convirta nunha preciosa bolboreta. Vermes coma este son os que comen as coles e os repolos das nosas avoas.

METAMORFOSE  DA EIRUGA








Verme comendo ruda e outro convertido en crisálida.





MERENDOLAS NO MONTE


Tódolos anos antes de que remate o curso e se o tempo o permite, levamos comida e bebida e despois  de participar en varios xogos, sentámonos a merendar xunto aos mananciais do monte de Mieites onde conservamos as bebidas frescas nunha poza de auga.







Ningún comentario:

Publicar un comentario