CELEBRACIÓN DO NADAL
Durante varios cursos, coa chegada do tempo de Nadal, montamos un típico BELÉN artesano de considerables dimensións, con varias figuras articuladas que se moven gracias a motores eléctricos e a un programador de lavadora, elaborado na súa maioría polos alumnos e o profesor. Na actualidade, como non temos na clase espacio dabondo, témolo montado nunha habitación da vivenda escolar (o que queda del). Tamén inventamos e cantamos algunha que outra panxoliña, facemos adornos, postais, etc.
Nadal 2017. Visita de Papanoel
Nadal 2016. Visita de Papanoel
Nadal 2015. Visita de Papanoel (este ano parecía máis xoven).
A nosa panxoliña
A NOSA PANXOLIÑA
1.- A Virxe vai camiñando
dende Acuncheira a Mieites,
o neno que tiña fame
ía chuchando no leite.
ESTRIBILLO
Pero mira como cantan
os nenos de Comoxo,
pero mira como cantan
por ver ó neno noso.
Cantan e cantan
e volven a cantar,
os nenos de Comoxo
que o queren festexar.
2.- San Xosé viña cantando
polo camiño de Loxo,
e cando estaba chegando
caeu enriba dun toxo.
|
ESTRIBILLO
3.- Cando a Virxe cantaba
o neno sempre durmía,
cando o burro orneaba
o neno ría que ría.
ESTRIBILLO
4.- O belén que está na escola
é un belén moi feitiño,
con adornos e con bólas
e cun neno pequeniño.
ESTRIBILLO
5.- Un rei mago preguntaba
onde estaba o meniño,
un pastor que escoitaba
díxolle do portaliño.
ESTRIBILLO
|
Cantamos a nosa panxoliña
¡Que ben canta o noso amigo!
Vídeo do noso belén articulado
O APALPADOR
Cancións do Apalpador:
ENLACES DO NADAL
Coordinadora Galega de ENDL: Recursos para o Nadal (Apalpador, panxoliñas, refráns, ...)
EL RINCÓN DE LOS VILLANCICOS
A continuación mostramos algunhas imaxes do belén e dos adornos que fixemos


Visitas de Papá Noel e os Reis Magos
Gracias á colaboración da Asociación Boirense de Empresarios e do Concello, tódolos anos polo Nadal gozamos da visita de PAPANOEL que chega cun saco de caramelos para todos. Aproveitamos a ocasión para que cada neno lle entregue a súa carta persoalomente. Algún ano tamén viñeron os tres REIS MAGOS. Temos que mandar recado para que veña tamén O APALPADOR.
Ningún comentario:
Publicar un comentario