LOCALIZACIÓN, OFERTA EDUCATIVA, PROFESORADO, ALUMNADO, CONSELLO ESCOLAR.

LOCALIZACIÓN DA ESCOLA DE COMOXO (CEIP PAZOS-COMOXO).

O CEIP de Pazos - Comoxo  é unha escola unitaria situada na comarca do Barbanza, a 5 Km da vila de Boiro indo pola estrada que comunica as localidades de Boiro e Noia.  Veñen a esta escola nenos da aldea de Comoxo  e tamén dalgunhas aldeas das parroquias de Cures e de Macenda.  

    De seguido mostramos imaxes de Google Maps, coa localización exacta do centro.






OFERTA EDUCATIVA

No Ceip Pazos-Comoxo  impártese o 2º Ciclo de Infantil (3-6 anos) e os dous primeiros cursos de Primaria (1º e 2º).


PROFESORADO PARA O CURSO 2017-18

Hay un profesor titular Responsable do Centro, e profesoras itinerantes de Inglés, Relixión Católica e AL.
Relación de profesores que impartirán clases no centro este curso:
  • Profesor titular (titor): Ramón Rodríguez Fernández. Ten horario completo. Cando veñan as profesoras itinerantes,  mentres que o titor atende aos alumnos de infantil a profesora itinerante atende aos de primaria e viceversa. A mediados do presente curso, por xubilación do profesor Ramón, a nova Responsable do Centro será a profesora Caty Araújo Castilla que chega da provincia de Ourense. Damos así por rematada unha longa andaina na que o profe Ramón permaneceu nesta escola.
  • Lingua Inglesa: María Carmen Sanlés Santos. Profesora itinerante do Ceip santa Baia que vén tres horas semanais.
  • Relixión Católica: Ana Rodríguez Ruibal. Profesora itinerante do Ceip Santa Baia que vén tres horas semanais.
  • Audición e Linguaxe: María José Vila Tubío. Profesora itinerante do Ceip Praia Xardín.

O Ceip Pazos-Comoxo está adscrito ao Ceip Praia-Xardín de Boiro, centro receptor dos nosos alumnos. Tamén compartimos orientador co mencionado centro.

ALUMNADO PARA O CURSO 2017-18

4º de Educación Infantil ( 3 anos ).

Maceiras Mariño, Martina

5º de Educación Infantil ( 4 anos ).

Varela González, Irene.

6º de Educación Infantil ( 5 anos ).

Pérez Piñeiro, Laia.
Sánchez Tubío, Nuria.
Tarrío Brión, Lía.
Abeijón Brión, Ainoa. 

1º de Educación Primaria ( 6 anos ).

Hermo Piñeiro, Ethan. 

2º de Educación Primaria ( 7 anos ).

Abeijón Pérez, Manuel.
Méndez González, Amalia.
Romero Lojo, Manuel. 

CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar está formado polos seguintes membros: 

Profesor titular do centro: Ramón Rodríguez Fernández.

Representante dos pais: Xaíño Méndez Froján.

Representante do Concello: María José Lorenzo Ouviña.

Reunións do Consello Escolar:


Como órgano de participación dos distintos sectores da comunidade escolar, reunirase sempre que o centro así o precise. A celebración dos Consellos Escolares será, despois das cinco da tarde, o día e a hora máis favorable para que tódolos seus membros poidan asistir.

O Consello Escolar reunirase para ser informado, debatir e aprobar se procede, aqueles asuntos que marca a nova Lei de Educación LOMCE: informar e avaliar a PXA do centro aportando suxerencias, revisión e aprobación se procede da conta orzamentaria do último ano, revisión e aprobación se procede do proxecto de presuposto do ano seguinte, etc.


Ningún comentario:

Publicar un comentario