O NOSO HORTO - A PRIMAVERA

O NOSO HORTO

CURSO 2016-17

PROMOCIONAMOS AS VARIEDADES AUTÓCTONAS DE TOMATES DE GALICIA

Este curso conseguimos sementes do tomate "Avoa de Osedo" que sementamos no patio e cando naceron fomos metendo cada plantiña en vasos de plástico. Cada vaso etiquetámolo cunha pegatina con información desta variedade de tomates. Logo repartimos as plantas entre as familias dos nenos e outras plantámolas no noso horto. Este tomate, plantado en boas condicións medra ata acadar un tamaño considerable e o seu sabor é excelente. Para ter máis información doutras variedades de tomates de Galicia piquen no seguinte libriño editado pola Xunta de Galicia:  




As leitugas xa están listas para unha ensalada apetitosa.




Este curso comezamos cunha plantación de amorodos, leitugas e ceboliño.




Canción: A horta de Balbina

CURSO 2015-16

Comezamos este curso recollendo as patacas que plantamos na primavera do curso pasado. As patacas foron de bo tamaño e estaban todas sas. Xa temos patacas para facer unha boa tortilla para cada un. 
Tamén foron bos os tomates e os pementos.


Volvemos a ter leitugas para unhas cantas ensaladas e fresas para facer unha boa merendola. 



CURSO 2014-15

Este curso fomos ampliando un pouquiño máis o noso pequeno horto escolar. Como a terra do noso patio non é fertil abondo, mesturámola con terra que mercamos e tamén lle botamos un saco grande de cagallas que nos trouxo o pai de Anxo xa que teñen unha granxa de coellos.Este ano plantamos repolos, leitugas, patacas, cebolas, pementos de varias clases, tomates cherry e raf, fresas, ... e se nos queda espazo ainda plantaremos algunha cousiña máis.Xa poidemos facer ricas ensaladas coas cebolas do ano pasado e coas leitugas que recollemos este curso (unha para cada un). No sitio das leitugas plantamos máis fresas xa que nos gustan a todos.
Deste xeito estamos fomentando o consumo de alimentos sans e saudables como son as verduras. Tamén aprendemos a protexer a natureza sabendo cales son os coidados que precisan as plantas.

Plantando as patacas que trouxemos da nosas casas

Plantamos leitugas negras e verdes.

As leitugas xa case están a punto para unha saborosa ensalada

Unha leituga para cada un e as que sobraron para o profe, para que adelgace.

No sitio das leitugas plantaremos fresas

Xa están a fresas plantadas

Xoana e Marina regando as patacas e os pementos

¡Que ben medran as patacas coas cagallas dos coellos de Anxo!

CURSO  2013-14

MERENDAMOS FRESAS CON NATA

Fomos xuntando as fresas maduras e un día no recreo comémolas con nata ¡¡¡Que ricas estaban!!! Deixámolos cacharros lambidos coma se foramos gatos.


PLANTAMOS HORTALIZAS: amorodos, leitugas, cebolas,... ¡Lástima que o patio da escola non teña terra máis fértil e apropiada para os cultivos! 





COLOREAMOS DEBUXOS DA PRIMAVERA

CURSO 2015-16

Este é o mural que fixemos este curso sobre a primavera entre outras cousas.

Bolboretas que parece que están engaioladas.














Ningún comentario:

Publicar un comentario