ESCOLA DE COMOXO
ENTROIDO 2017
Algunha vez na escola pintámola mona e facemos o indio, entonces aproveitamos a ocasión para ir disfrazados de indios de verdade: cherokes, comanches, apaches, navajos, sioux, etc. Pola tarde, como de costume, cada un veu disfrazado do que quixo e fixemos a típica merendola que compartimos cos excompañeiros que agora van ao cole de Boiro.
ENTROIDO 2016
Este ano quixémoslle facer unha pequena homenaxe ás nosas vacas polo papel que desempeñaron na economía agraria galega. Ademais de producir boa leite, carne saborosa, esterco para estercar as leiras, pel dura para facer zocos, tamén se usaban como animais de tiro; de carros, arados, etc. Durante anos foron desprazadas por vacas leiteiras importadas doutros países pero actualmente en moitas explotacións gandeiras galegas están volvendo a ocupar o lugar que lles corresponde.

ENTROIDO 2015
Este curso, na escola fixemos disfraces de flores de distintas cores (coma un bonito xardín en primavera). Tamén contamos coa axuda da profe Paula que nos deseñou orixinais traxes de esquimós, holandeses e mexicanos que logo pintamos ben pintadiños e fixemos fotos con cada un deles. O venres pola tarde cada neno veu disfrazado da súa casa con traxes de personaxes ben pintorescos, e logo fixemos unha merendola con productos típicos do entroido e recibimos a visita dalgúns excompañeiros nosos e que agora están nos colexios de Boiro.
Se nos queredes ver disfrazados picade nos seguintes enlaces:
Disfrazados de esquimós. Picar aquí. Disfrazados de holandeses. Picar aquí.
Disfrazados de mexicanos.Picar aquí. De flores e cos nosos disfraces. Picar aquí.
Se nos queredes ver disfrazados picade nos seguintes enlaces:
Disfrazados de esquimós. Picar aquí. Disfrazados de holandeses. Picar aquí.


ENTROIDO 2014
O venres pola tade cada neno pode ir disfrazado do que queira. Tamén facemos unha boa "comilona" con productos típicos do entroido e outras lambetadas que preparan as nais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario